WordPress.com
É súper coñecido e moi flexible. Ten versións gratuítas e de pago.- Pro: Fácil de usar, podes personalizar o deseño e ten boas ferramentas para que o teu blog apareza en Google.
- Contra: A versión gratuíta ten anuncios e, se queres cousas máis chulas, tes que pagar.
Blogger
Propiedade de Google, é totalmente gratuíto e sinxelo.- Pro: Sen custo e fácil de conectar con outros servizos de Google.
- Contra: Podes facer poucos cambios ao deseño e Google controla o blog.
Medium
Aquí o importante é o que escribes, non o deseño.- Pro: Xa hai moita xente na plataforma, polo que poden ler o teu blog rápido.
- Contra: Non podes cambiar moito o aspecto, e gañar cartos co blog non é tan fácil.
Wix
Plataforma onde podes crear o teu propio deseño co rato, sen saber programar.- Pro: Personalización total e moi fácil de usar.
- Contra: Se non pagas, tes anuncios, e pode ir algo lento.
Squarespace
Ofrece deseños moi profesionais e elegantes, pero é de pago.- Pro: Deseños moi bonitos e soporte moi bo.
- Contra: É algo máis complicado de usar e non ten versión gratuíta.
A miña opinión
Despois de ver todas estas opcións, eu creo que WordPress.com é a mellor se queres algo serio e con moitas opcións de personalización, pero sen gastar moito ao principio. Blogger está ben para quen queira algo moi básico e sinxelo sen gastar nada. Se o teu rollo é máis ben escribir e que o vexa moita xente, Medium sería a mellor opción, pero non esperes grandes deseños. Persoalmente, se fose para min, creo que usaría Wix porque é moi personalizable e, a pesar de ter algúns anuncios na versión gratuíta, gústame ter control sobre o aspecto visual.
martes, 17 de setembro de 2024
Comparación de Plataformas para Crear un Blog
Crear un blog é unha das mellores formas de compartir ideas, proxectos ou coñecementos co mundo. Pero,con tantas opcións dispoñibles, escoller o servidor adecuado pode resultar unha tarefa desafiante. Neste artigo, analizamos os principais servidores de blogs dispoñibles para axudarche a decidir cal é o mellor para as túas necesidades.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)