Analise da miña conexión a internet desde o meu posto no instituto
A miña direccion IP: publica: 195.57.104.124 privada: 10.85.133.212
Un enderezo IP é un código numérico único que identifica cada dispositivo conectado a unha rede, é como o documento de identidade dun dispositivo en Internet. Grazas a el, os dispositivos poden comunicarse entre si e acceder á información dispoñible na rede.
MAC: 2C:33:58:51:5D:56
É un identificador único de 48 bits (6 bloques de dous caracteres hexadecimais) que se asigna á tarxeta de rede de cada dispositivo conectado a unha rede (ordenadores, móbiles, routers, etc.). É como unha pegada dixital única para cada dispositivo.
Test de velocidad:
Un test de velocidade é unha ferramenta que che permite medir a rapidez coa que o teu dispositivo se conecta a internet e pode enviar e recibir datos. Cando realizas un test de velocidade, o teu dispositivo envía e recibe unha cantidade determinada de datos a un servidor. O test mide o tempo que tarda esta transferencia de datos e calcula a velocidade de subida (cando envías datos) e a velocidade de baixada (cando recibes datos)
tipos de rede
- Un conmutador ou switch : é un dispositivo fundamental nas redes informáticas, especialmente nas redes locais (LAN). A súa función principal é conectar múltiples dispositivos entre si, permitindo que se comuniquen de forma eficiente.
- Un router: é un dispositivo esencial que che permite conectar os teus dispositivos a internet e compartir a conexión con outros.
- Un servidor: é un ordenador que presta servizos a outros dispositivos. É fundamental para o funcionamento de internet e moitas das tecnoloxías que utilizamos a diario